Lilí Cuartel 2006 |
Carfax Teatro se configura como grupo, baixo a dirección do dramaturgo Manuel Lourenzo na Escola de Teatro Municipal de Culleredo. Pero antes de chegar a este proceso, foron varios traballos os que pouco a pouco foron agrupando a un conxunto de persoas de diferentes procedencias profesionais: A estación do vento (2005), Abran as cortinas (2005), Lilí Cuartel (2006), O cuarto do príncipe (2007). Pero foi con Transilvania (2007), cando o grupo adquire a súa proia identidade como grupo teatral afeccionado e precisamente de onde adquire o seu nome. Posteriormente seguiron pezas como Entremés famoso sobre a pesca do río Miño (2008), Portus Veneris (2009) e recentemente As troianas (2010).
O cuarto do príncipe 2007 |
Entremés famoso sobre a pesca do río Miño 2008 |
O Asociación Teatral Carfax está formada por vinte persoas, de procedencias e experiencias diferentes, algús con formación teatral anterior a configuración do grupo, outros da danza, audiovisual, música, etc.pero todos inspirados polas enseñanzas do noso mestre Manuel Lourenzo. Esta mestura é a que lle dá ó noso grupo unha característica única e persoal que se traduce nun traballo diferente e con personalidade.
Pola outra banda a nosa agrupación entende que non só temos que facer teatro, se non fomentalo coa colaboración conxunta do Concello de Culleredo, organizado Ciclos ou Mostras de Teatro. Tentando desde a nosa humilde aportación ó desenvolvemento do teatro en galego, de ahí tamén o noso compromiso coa Federación Galega de Teatro Afeccionado.